Site icon Crónica3.com A Mariña

O retraso no encendido da iluminación e o fracaso do baile de fin de ano marcan un Nadal decepcionante en Foz para o PP

 Foz, 10 de xaneiro, 2020. O Grupo Municipal do PP tacha de decepcionante a primeira campaña de Nadal organizada polo bipartito focense, chea de recortes, pifias e improvisacións.
Declara Juan Rivas, “a valoración da primeira campaña de Nadal do Bipartito pode resumirse nunha frase “O que mal empeza mal acaba”, á falta de previsión e planificación que o levou a ser o último Concello grande da Mariña en acender o alumeado de Nadal do que ademais desapareceu a árbore xigante da praza Martínez Otero, sumouse o fracaso monumental do baile de fin de ano e rematando a faena cunha cabalgata de Reis recortada na que se botaron en falta as xa típicas figuras inchables luminosas que a encabezaban en anos anteriores”.
Destaca Rivas “é lamentable, que despois de levantar tantas expectativas na campaña na que o Alcalde afirmaba que os cambios se apreciarían dende o primeiro día, o grupo de goberno máis caro e numeroso da historia de Foz, non sexa capaz de innovar absolutamente nada do que eles mesmos antes criticaban; ao contrario, recortes, fiascos e reutilización das innovacións dos últimos anos feitas polo anterior goberno.
Prosegue o voceiro popular “Nin unha sola novidade, vivindo de rentas como está a demostrar na súa xestión diaria, as carrozas de Reis e Papa Noel montadas tal cual as deixou o anterior goberno, o mesmo co escenario dos tronos na recepción dos Reis no Bahía. Eliminaron a árbore xigante da praza Martinez Otero, suprimiron os paseos dos elfos polas rúas recollendo as cartas de Papa Noel, sen música ambiente nas rúas comerciais e a única “retroinnovación” proposta que foi retomar o baile de fin de ano, resulta que é un gran fracaso monumental sen apenas participación”.
Rematan os populares “O Nadal foi o fiel reflexo dun goberno sobrepesado e sobrepasado polos acontecementos, sen previsión, acomplexado co anterior e rácano en novidades e inversións propias, expremindo a dedicación plena dos traballadores municipais aos que apenas escoita, cun Psoe que só pensa no benestar

Exit mobile version