Site icon Crónica3.com A Mariña

O Seminario de Estudos do Valadouro renova a súa directiva

 Alfoz, 27 de xaneiro de 2020. O pasado sábado 25 de xaneiro de 2019 celebrouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro, SEVA) no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, na que se elixiu a nova Xunta Directiva do colectivo que estará formada polos seguintes membros:

PRESIDENTE: Xabier Pardiñas Suárez.
SECRETARIO: Xoán Ramón Pérez Blanco.
TESOUREIRO: Marco Candia Durán.
VOGAL: Lionel Rexes Martínez.
VOGAL: Xesús Emilio Pisón Villapol.

A nova Xunta Directiva márcase como obxectivo principal continuar labor de “investigación, recuperación e promoción dos valores do noso val, non só desde o punto de vista histórico , senón tamén cultural, económico ou científico” indica Pardiñas. A finalidade deste traballos será principalmente “a súa difusión, ben a través da súa publicación ou doutro tipo de actividades”, engade. Neste sentido, o primeiro evento que se celebrará, nesta nova etapa, será a presentación da publicación número 10 dos “Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro”, obra de Pedro Rolle Chaves, titulada “Fores de primavera do Valadouro”. Segundo indican desde a nova directiva, “debido á temática desta publicación, preténdese realizar este acto coincidindo coa celebración do Mercado Tradicional de Primavera de Ferreira do Valadouro, na fin de semana do 28 de marzo”.

Exit mobile version