Site icon Crónica3.com A Mariña

Quince persoas asistiron o pasado sábado no CIFP Porta da Auga, en Ribadeo, ao curso de pintura, de nivel II, que impartiu Apaga dentro do programa formativo das súas fins de semana tecnolóxicas

A primeira edición foi todo un éxito, de aí que agora se ofertase de novo un curso sobre pintura. O vindeiro sábado, 25 de xaneiro, outros quince alumnos acudirán a unha nova edición do curso sobre manexo de osciloscopio, que debido á grande demanda existente tamén se imparte de novo. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, anunciou que o 8 de febreiro se celebrará un curso sobre hidráulica e a finais dese mes outro sobre climatización. Estas actividades desenvolveranse en Ribadeo. Apaga tamén iniciará en breve a súa andaina formativa en cidades coma Pontevedra e A Coruña.

Exit mobile version