Site icon Crónica3.com A Mariña

Quique Guerra, protagonista 2020 na programación de Tá en Artes

 Viveiro, 20 de Xaneiro de 2020. A Asociación Tá en artes quere facer pública a súa programación para o ano 2020. Este ano o artista a quen queremos rendir homenaxe será Quique Guerra co lema: Ciencia e Historia. Nado en Mondoñedo e residente en Cervo, realizou a súa labor dentro das dificultades propias da actividade plástica, nas que as e os artistas plásticos da Mariña teñen que sobrevivir. Ca intención de servir de plataforma para o seu recoñecemento e valía, esta asociación intentará desenvolver os catro eixos da programación plantexada.
1- Recoñecemento no Concello de Cervo con unha exposición retrospectiva, que contará co catálogo correspondente e da que temos que pechar datas co Concello pero que se desenvolverá cerca das datas da Semana das Artes plásticas da Mariña.
2- Semana das Artes plásticas da Mariña lucense do 8 de abril a 8 de Maio do 2020, no CENIMA de Foz. Nesta exposición participan artistas mariñáns que dialogaran con outros invitados que eles escollan fora da Mariña, para confrontar experiencias e poder mostrar obras de outros creadores, e un total aproximado de 35 obras. Este ano a organización invitará a dos/as artistas que dialogaran tamén ca súas obras e que se poda conxugar co lema: Ciencia e Historia. A exposición estará aberta en horario laboral de mañá, os xoves de tarde, do tempo que dure a exposición, e os sábados e domingos en horarios que comunicaremos. Esta exposición conta con dous/as monitores/as que ensinan a mostra dun xeito participativo e ameno, cos/as visitantes par dar unha visión na que o público participe. Así mesmo esperamos a presencia de máis de 1.600 escolares cos seus profesores/as correspondentes que ano tras ano visitan a exposición, e intentaremos realizar algún taller si contamos con presuposto. O Concello de Foz, aporta a infraestrutura necesaria, A dirección xeneral de Cultura da Xunta de Galicia costea os 500 catálogos e a Deputación os orzamentos dos monitores. Cada Concello da comarca posibilita o traslado dos/as alumnos/as de cada centro.
3- Exposición de Centros escolares. O redor de 500 alumnos/as e 90 profesores, realizan un traballo que como consecuencia das visitas anteriores e cursos no cefore do profesorado, realizan un traballo que queda exposto no CENIMA de Foz ó redor da primeira quincena de xuño e que comunicaremos convenientemente.. Intentaremos que os centros escolares podan viaxar si conseguimos orzamentos para visitar a súa propia exposición. Os catálogos son costeados por Política lingüística da Xunta de Galicia, e a infraestrutura estará a cargo do concello de Foz.
4- Exposición antolóxica no Museo Provincial. Pendentes de ser recibidos pola delegada de cultura de Lugo e en función da súa programación, sería rematar no mes de decembro con esta exposición.
A asociación Tá en artes quere agradecerlle a viuba de Quique Guerra Victoria e ás súas fillas o esforzo que supón recopilar toda obra do artista .
Asi mesmo a artistas, profesores/as, alumnos/as, e todo o personal implicado na infraestructura, para que esta proposta singular e única en Galicia poda levarse a cabo.

Exit mobile version