Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o Nadal en Xove coa Cabalgata de Reis

Este domingo os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a todos os usuarios da Residencia San Bartolomé, levándolles un pouco de ledicia e ilusión. Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por onde seguirán ata cruzar por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico.

Exit mobile version