Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita á mostra “Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina” de Adelán

 Alfoz, 22 de xaneiro, 2020. Este mércores, as persoas participantes no Programa Activamente de Alfoz tiveron ocasión de visitar, na antiga escola de Adelán a mostra “Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina” da Rede Museística Provincial.

A exposición, organizada en colaboración coa asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo, recolle material fotográfico e documental en torno á emigración galega a América, e durante a visita Silvia Fiallega Lorenzo destacou o enriquecemento cultural e emocional que orixinan as migracións, invitando a lembrar a acollida que recibían os galegos cando chegaban a América, ao tempo que desmitificar certos estereotipos que soen ir vencellados ás migracións.

Durante a visita tamén compartiron as súas experiencias e lembranzas familiares, aportando tamén o seu propio material fotográfico e testemuños persoais en relación á emigración.

Tamén houbo espazo para a emoción e a nostalxia, dado que unha boa parte das persoas asistentes asistiran na súa infancia (algunhas hai xa 70 anos) á escola nesas mesmas instalacións.

Exit mobile version