Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a acometer no día de hoxe o repintado dos pasos de peóns da Avenida de Cantarrana, en Viveiro, que forma parte da estrada autonómica LU-862

A actuación enmárcase dentro dos traballos ordinarios de conservación para garantir unha boa visibilidade que redunde na mellora da seguridade viaria. A Consellería ten previsto completar o repintado da totalidade das marcas viarias da travesía antes do mes de xuño, cando as condicións climatolóxicas o permitan.

Exit mobile version