Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación condena o asasinato machista dunha veciña de Lugo

Deputadas e deputados provinciais participaron este luns nas concentracións convocadas pola Subdelegación do Goberno e o Concello de Lugo en condena polo asasinato machista dunha muller veciña Lugo. A Deputación expresa a súa máis enérxica e firme repulsa contra a violencia machista, e o seu afecto e solidariedade coa familia e achegados da vítima.

Exit mobile version