Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputada Ana Prieto será a voceira de sanidade do grupo socialista no Congreso

 Lugo, 4 de febreiro de 2020. A Deputada do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, Ana Prieto, será a Voceira de Sanidade do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados. A lucense xa exerceu de voceira deste mesma área na pasada lexislatura, ademais, tamén será a Secretaria 1ª da mesa de Interior. Pola súa banda, o outro deputado lucense Javier Cerqueiro formará parte da Vicepresidencia 1ª de Agricultura, e será voceiro adxunto da Comisión de Cooperación Internacional para o desenvolvemento.

Tras coñecerse este nomeamento Ana Prieto asegurou que “para min é unha honra é un auténtico privilexio poder seguir contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas dende unha área tan importante como é a sanidade. Dende o Congreso dos Deputados, ou dende calquera recuncho deste pais, defenderei e impulsarei o programa de sanidade do Grupo Socialista, dende o diálogo, o respecto e por suposto atendendo as demandas de todos os colectivos implicados. Por iso, quero lembrar que a primeira proposición tramitada no Congreso é a lei de eutanasia, unha normativa necesaria que están esperando moitas persoas neste país”, avanzou.

Javier Cerqueiro asegurou que este nova etapa no Congreso dos Deputados “é unha gran responsabilidade, e ao mesmo tempo un reto importante que asumo formando parte do equipo de Agricultura Pesca e Alimentación, desde a vicepresidencia, un cargo que me permitirá traballar polo sector primario e o medio rural, eixes vitais na nosa provincia, e por suposto en Galicia e en toda España. Por iso quero anunciar que nos vindeiros días poñereime a disposición de todos os axentes implicados deste sector para escoitar as súas reivindicacións. E no que se refire ao nomeamento como voceiro da Comisión de Cooperación e Desenvolvemento, traballarei para impulsar a cooperación e axudar a quen máis o necesita nun mundo cada vez máis desigual”, dixo.

115.801 pensionistas na provincia de Lugo
Ana Prieto e Javier Cerqueiro participaron hoxe (martes día de 4 febreiro), no primeiro Pleno da XIV Lexislatura, no que se deu luz verde a convalidación da subida das pensións. “Esta medida é importantísima, xa que na nosa provincia hai 115.801 pensionistas que percibirán revalorización de todas as pensións nun 0,9% en 2020, o que supón un investimento anual de 1.406 millóns de euros”.

Así as cousas con esta subida, a pensión de xubilación para maiores de 65 anos con cónxuxe a cargo, a máis común das pensións mínimas, alcanza os 843,40 euros mensuais con 14 pagas.

Exit mobile version