Site icon Crónica3.com A Mariña

A mindoniense Ainara Rodríguez Ares, subcampioa galega de 400 m sub-18

 Mondoñedo, 9 de febreiro, 2020. A atleta mindoniense Ainara Rodríguez Ares, quen compite na actualidade ca “Atlética Lucense”, proclamouse subcampioa galega de 400 m.l. categoría sub-18 no campeonato de Galicia de pista cuberta celebrado o sábado día 8 en Riazor (A Coruña).

Cun tempo de 1,01,74 acadou Ainara este segundo posto, quedando a menos de 1 segundo do ouro e a un segundo e unhas centésimas da marca mínima esixida nesta proba para poder participar no campionato de España sub-18 que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de marzo en Valencia. Porén, non será nos 400 m.l. nos que competirá Ainara no campeonato naciona, farao nos 800 m.l. xa que conta coa marca mínima esixida dende o pasado mes de xaneiro, algo que, de momento, en todo Galicia, só ela e a atleta do “Millaraio”, Degnes Mato, lograron acadar.

Dende o 2017, con tan só 14 anos, que acadou a súa primeira marca mínima esixida para poder participar nun campeonato de España, non houbo ano no que Ainara non conseguise acudir a istes campionatos en diferentes probas, tanto para aire libre como para pista cuberta (as mínimas esixidas varían dependendo da modalidade), ainda que segue participando tamén a nivel autonómico como fará o 22 de febreiro no campionato de Galicia absoluto que se celebrará en Ourense.

Exit mobile version