Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pro Residencia de Ribadeo convoca a xuntanza a tódalas persoas interesadas para integrarse na Asociación pro maiores José María Rodríguez que será o martes 18 a partir das 20h no salón de actos da Escola de Música

Neste momento xa está legalizada a asociación, unha vez inscrita na Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Na asemblea está previsto preparar o camiño para que outras persoas, máis relacionadas coa actualidade da residencia xa en funcionamento, tomen as rendas do acompañamento da nova entidade de coidado dos nosos maiores, acordando os postos directivos, así como as tarefas máis inmediatas.

Exit mobile version