Baixo o lema “Porque tiveches que emigrar? “, o colectivo de enfermeiras quere poñer no centro do debate outra das nefastas consecuencias para a calidade asistencial das políticas sanitarias de Feijóo: a emigración de centos de profesionais cara a outras comunidades ou a outros paises por mor da precariedades laboral coa que as castiga o SERGAS. Esta fuxida en desbandada ,algunhas mesmo a poucos quilómetros, ao outro lado da Ponte dos Santos, está a producir o baleirado de personal das listas de contratacións, atraídos polos contratos máis estables que se ofertan fora de Galiza.
Desde a Plataforma Sanitaria animamos a veciñas e veciños para que se acheguen até a entrada do hospital ás 12horas do mércores. Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma comenta que
“Apoiamos esta mobilización porque sodes parte desta plataforma, máis tamén porque sodes parte das nosas vidas, acompañándonos, coidándonos e favorecendo a curación da enfermidade. “