En relación á reforma de espazos en urxencias e ao laboratorio multicéntrico queremos aclarar que toda remodelación que mellore os espazos e os servizos existentes “ merece os nosos parabéns ao gobernó que o acomete, máis seguimos sen falar dun só novo servizo ou dotación de nova creación”- comentan desde o colectivo.
Fala tamén o conselleiro dun programa de fisioterapia para pacientes crónicos, que agardamos non sexa igual que o que implantaron cando fixeron o concerto con empresas privadas, para derivar os casos crónicos que precisaban fisioterapia, co resultado de rescisión do convenio por parte da empresa sen avisar aos pacientes, aos que deixaron “ colgados con tratamentos sen finalizar”- explica a coordinadora do colectivo. Se queren implantar una programación en condicións que revisen a hemeroteca porque desde este colectivo xa lles demos as pautas acerca de cómo acometelo .
Desde a última manifestación convocada por SOS Sanidade Pública , hai exactamente un ano, a situación da sanidade pública empeorou de forma manifesta , e mesmo xurdiron novos colectivos sanitarios que se sumaron ás denuncias públicas que se veñen facendo , polo que xenera bastante desconfianza nos colectivos e na poboación a gran cantidade de medidas que vai tomar xusto agora, á desesperada e cunha cita electoral ás portas. “ Cheira moi mal e non se pode engañar á xente por máis tempo”- conclúen.
A Plataforma Sanitaria fleta dous autobuses para acudir á manifestación do domingo en Compostela .
A Plataforma Sanitaria da Mariña fletou dous autobuses para acudir o vindeiro domingo día 9 de febrero á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Compostela . Baixo o lema de En Defensa da Sanidade Pública Galega, agárdase que acudan miles de persoas defraudadas , descontentas e indignadas coas políticas sanitarias do goberno da Xunta.
Sairá un autobús de Burela ás 8:30 h da estación de autobuses. Fará una primeira parada en Foz, na estación de autobuses ás 8:45 h, para continuar cara a Valadouro, onde fará outra parada ás 9:00 h na Praza de Santa María. A última parada deste itinerario será en Alfoz, diante do bar Rodolfo, ás 9:10 h.
O segundo autobús sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 8:45 h. e fará una única parada no Asador ás 9:00 h.