Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo renova o seu convenio de colaboración con Iberdrola

 Ribadeo, 26 de febreiro de 2020. Acisa Ribadeo acaba de renovar o seu convenio de colaboración con Iberdrola con condicións competitivas de contratación enerxética e outros produtos e servizos para os seus asociados e asociadas.
O convenio recolle un desconto do 3% extra no termo de enerxía durante 12 meses ou no seu defecto un desconto do 5% na potencia. Ademais Iberdrola ofrecerá asesoramento gratuíto para a optimización dos seus consumos e análises dos contratos eléctricos por parte da empresa para presentar a mellor oferta.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, subliñou que “en Acisa seguimos a traballar para ofrecer a mellor cobertura ás nosas socias e aos nosos socios, a través dos diferentes convenios que asinamos con empresas eléctricas, como nesta ocasión, ou con entidades bancarias ou outras firmas”.
Pérez Prada engadiu que “aqueles establecementos que estean interesados en obter máis información sobre este convenio con Iberdrola poden dirixirse ao teléfono 982 10 87 65. Teñen que identificarse como socios de Acisa. A compañía conta cun listado dos locais adheridos á nosa asociación”.
Asemblea extraordinaria
Mañá, 27 de febreiro, terá lugar a asemblea xeral extraordinaria de Acisa na que tomará posesión dos seus cargos a nova directiva, que encabeza Francisco Iriarte, como presidente; e ao que acompañan Roberto Rivas, como vicepresidente; Maria Antonia López Lens, como secretaria; Manuela Torviso Pérez, como tesoureira; e como vogais Carmen Cruzado Iglesias e Jose Antonio Lombardero Bellón.
O xerente de Acisa sinalou que “a nova directiva vai presentar as liñas de traballo a seguir nos dous próximos anos, que están enmarcadas nun novo proxecto. Ademais darase a coñecer unha nova ferramenta para aos asociados e asociadas e para os clientes, que será unha novidade moi útil, de aí a importancia de asistir a esta asemblea, que dará comezo ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical”.

Exit mobile version