Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Vallines logra marca mínima para o Galego Absoluto de Pista cuberta

Ana Vallines lograba o domingo no palacio de deportes de Oviedo, marca no 1500 para o Galego absoluto de pista cuberta que terá lugar o vindeiro domingo día 23 en Ourense. A atleta parou o crono nos 5 minutos, 11 segundos. Partía da fin de semana pasada co bronce autonómico con 5,18 en Riazor. A marca mínima esixida para o Galego absoluto son 5,12.

Exit mobile version