O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os dous primeiros se impartirán en Burela e xa teñen aberto o prazo de inscrición. Esta localidade acollerá do 2 ao 13 de marzo un curso de mariñeiro pescador para un máximo de 27 alumnos. Terá unha duración de 50 horas, con clases de 16.30 a 20.30.
Tamén en Burela terá lugar do 23 de marzo ao 6 de abril un curso de formación básica. Conta con 20 prazas e durará 70 horas. O horario será de 16.00 a 22.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 os sábados, e haberá tres días con xornada completa.
Os cursos impartiranse ben na aula de extensión pesqueira de Burela ben na confraría de pescadores. Ambos son indispensables para poder traballar a bordo dunha embarcación.
Polo que respecta a Celeiro, está previsto un curso de mariñeiro pescador do 4 ao 16 de maio e outro de formación básica 1 ao 15 de xuño. Desenvolveranse na aula de extensión pesqueira.