A peche traballa para estar ás ordes de Julio Delgado e Lucas: “Pablo, o preparador físico, e David, o fisioterapeuta, estanme axudando para estar ao máximo canto antes. Queda pouco para que poida volver estar á disposición dos adestradores, se así o estiman oportuno”, falaba así a Cami da súa recuperación de nocello tras a disputa e o título da Copa América co Brasil. “Tiven a oportunidade de vivir novas experiencias e seguir aprendendo no meu país durante estes meses co São José e co Brasil”, facía así balance a burelista do seu periplo recente sobre as pistas, lembrando a celebración de Copa de SM A Raíña, pero tamén lamentándose por non poder estar en Burela, para gozar do título de Supercopa de España. “Foi moi emocionante; vivino como afeccionada seguindo o partido pegada ao móbil”.