Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña de San Valentín do Centro Comercial Histórico de Viveiro

 Viveiro, 7 de febreiro, 2020. Baixo o lema “Namórate do comercio local” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir do 7 de Febreiro a campaña de San Valentín 2020.
Consistirá en facer un recordatorio das datas nas que nos atopamos, enchendo Viveiro de corazóns vermellos como símbolo do amor e a amizade.
Colocaranse nas entradas dos negocios asociados máis de 400 globos en forma de corazón, para que decoren as portas, os escaparates, etc. Unha campaña moi visual para recordar que un pequeno agasallo pódese converter nun gran detalle.
Tamén teremos unha parte moi divertida nesta campaña. Colocaremos 3 photocall de corazóns, un na avenida de Cervantes, outro na Praza da Fontenova e outro na Praza de Lugo, para que a xente se saque fotos divertidas e amorosas e as suba ás nosas redes sociais baixo a hastag #namóratedocomerciolocal. Sortearemos unha Escapada Romántica no Thalasso Cantábrico Las Sirenas, que inclúe aloxamento con almorzo, circuito Spa, Tratamento e Cea no Restaurante panorámico do Thalasso.
A finalidade deste concurso é a promoción a través das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram da campaña de San Valentín de Viveiro, e potenciar a compra no comercio local.
A foto gañadora será elexida por un xurado e terase en conta para a valoración que sexa unha foto orixinal, romántica e divertida.
O concurso comeza o 7 de Febreiro de 2020 e rematará o 16 de febreiro ás 22:00 horas. As imaxes publicadas a partir desa data non se contabilizarán dentro do concurso.
O 17 de febreiro de 2020, o CCHV publicará nas Redes Sociais – Facebook, Twitter e Instagram – o gañador ou gañadora,e indicaraselle os pasos a seguir.
As bases do concurso e toda a información completa pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Instagram.
Porque en Viveiro, como dí o lema da campaña “Namorámonos do comercio local”, un comercio profesional e cun trato persoal, e sobre todo un comercio que da vida á nosa vila.

Exit mobile version