Site icon Crónica3.com A Mariña

Cóntallo ti en Galdo

O BNG de Viveiro estará en Galdo este venres 14 de febreiro, para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queiran trasladarlle á organización nacionalista. “Estamos dispostos a recorrer todo o concello e facilitarlle ás veciñas e veciños que se poñan en contacto connosco”, di a concelleira Míriam Bermúdez, e continúa, “ademais, é a única forma de escoitar e ver os problemas de primeira man, poñéndote na pel da veciñanza e as súas problemáticas”. A cita é a partires das 20:00h no Bar-Restaurante As Viñas en Galdo.

Exit mobile version