Ante un desfile que medra ano tras ano, o Concello repartirá máis de 3500€ en premios nas categorías: individual, parellas e grupos tanto en infantil como adulto, unha categoría de comparsas con 800€ en premios para as 3 mellores e un único premio o entroido co mellor humor de 60€.
Os participantes partiran do Parque Concepción areal para desfilar pola Rúa Andrés López Palmeiro, Paza de Santa María e Avenida de Viveiro. Posteriormente haberá un baile de disfraces amenizado pola discoteca móbil EVENTEC no pavillón Municipal.
O Concello de O Valadouro para a celebración do desfile de Entroido terá cortadas o tráfico as Rúas Andrés López Palmeiro, Xistral e Fonte Nova así como a Avenida de Viveiro e Avenida da Costa. Tódolos aparcamentos municipais estarán dispoñibles excepto a Praza de Santa María e a Rúa Andrés López Palmeiro.