Site icon Crónica3.com A Mariña

Destacado papel do ‘CCA Ría de Foz’ no Campionato Provincial de Campo a través

 Foz, 2 de febreiros, 2020. Este domingo no concello de Vilalba, celebrouse a FINAL PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS en idade escolar. Os máis de corenta atletas, que compuñan a expedición do ‘Ría de Foz’, realizaron un destacado papel neste campionato, que o colocan como o Club da comarca da Mariña que máis atletas clasificou para o Campionato Galego e o segundo club da provincia máis laureado. De feito, o noso Club subiu ao podio en todas as categorías nas que participaba.
Salientamos, a seguir, os resultados máis destacados dos nosos atletas e dos nosos equipos:

CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININA
3º posto individual de AMINA BOUYZAR
3º Equipo clasificado “Martínez Otero – Ría de Foz” | MEDALLA DE BRONCE
CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINA
1º posto individual de ADRIÁN VILLAPOL
1º Equipo clasificado | MEDALLA DE OURO
CAMPIÓNS PROVINCIAIS!
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA
3º Equipo clasificado | MEDALLA DE BRONCE
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA
2º posto individual de NICOLÁS MÉNDEZ
1º Equipo clasificado “Martínez Otero – Ría de Foz” | MEDALLA DE OURO
CAMPIÓNS PROVINCIAIS!
CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO!
CATEGORÍA INFANTIL FEMININA
2º Equipo clasificado “Ría de Foz – Martínez Otero” | MEDALLA DE PRATA
CLASIFICADAS PARA O CAMPIONATO GALEGO!
CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA
3º posto individual de XABI RODRÍGUEZ
2º Equipo clasificado “Ría de Foz – Martínez Otero” | MEDALLA DE PRATA
CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO GALEGO!
CATEGORÍA CADETE FEMININA
6° posto individual de HELENA CELADA
CLASIFICADA PARA O CAMPIONATO GALEGO!
CATEGORÍA CADETE MASCULINA
3º posto individual de HUSSAM EL KHIARI
CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO GALEGO!
3º Equipo clasificado | MEDALLA DE BRONCE

Desde a Directiva do ‘Ría de Foz’, queremos trasladarlles os parabéns a todos os pícaros das nosas categorías inferiores polo excelente traballo realizado neste campionato provincial. Grazas a eles, este proxecto non deixa de medrar a pasos axigantados. Desde xa, comezamos a adestrar duro para representar a Foz e á Mariña da mellor maneira no Campionato Galego de Campo a Través, que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro na provincia de Pontevedra.

Exit mobile version