O combinado nipón recalará na Bomboneira tras a vitoria de onte fronte ao Parrulo (2-3). O enfrontamento co Esteo, o xoves, completará o stage da selección do galego Bruno García como preparatorio do AFC Futsal Championship (26 de febreiro-8 de marzo) en Turkmenistán e que será clasificatorio para o Mundial de Lituania 2020.
Xunto aos lesionados Amoedo e Pitero, tampouco entrará na convocatoria laranxa Lucho, por molestias, nin Xande, inmerso no clasificatorio con Uruguai. Quelle, Renato Rodrigues e Bruno serán algúns dos xuvenís da lista de Juanma Marrube para a cita, na que tamén estará M. Kaluza tras os seus compromisos con Polonia.