Candia manifestou que “nos citamos para traballar por Lugo e para dar esa batalla fronte ao Goberno de España”. E é que os pagos pendentes do Executivo de Sánchez con Galicia non son, dixo a dirixente dos populares lucenses, “unha débeda co presidente da Xunta”. “Podemos dicir case con nomes e apelidos que é unha débeda que afecta aos fogares e aos veciños e veciñas da nosa provincia”, lamentou.
“Viámolo na Deputación hai dous meses, no pleno ordinario, no que demandabamos que se pague a Galicia o que se lle adebeda e, nese caso, centrabámonos en como afectaba á dependencia. Esta é unha provincia con moitos fogares que teñen axuda no fogar de dependentes, e por iso digo que a débeda de Pedro Sánchez con Lugo ten nomes e apelidos e entrou nos fogares”, insistiu.
“Comprometidos cos veciños”
Para a popular, mentras Lugo é unha provincia “especialmente castigada” polo Goberno de España, “pois a nosa industria vive con moita incerteza, os nosos representantes están comprometidos cos veciños”. “Foron os que de maneira maioritaria e constante os elixiron, e teñen a obriga de defendelos en Madrid”, afirmou.