Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente fin de semana dos irmáns Aleix e Brais Díaz Salas

 Ribadeo, 10 de febreiro, 2020. Esta fin de semana os irmáns ribadenses Aleix e Brais participaron en sendos Campionatos de atletismo, colleitando unha medalla de bronce e un cuarto posto.
A primeira quenda era para Aleix, que se desprazaba na tarde do sábado ata o pavillón de Riazor (A Coruña), para participar no Campionato galego sub18 en pista cuberta. Aleix competiría na disciplina de 400 m.l. cunha gran actuación, que o levaba a acadar a medalla de Bronce. O atleta mariñán, que compite coa Escola Atlética lucense, pararía o crono en 55,63 seg., o que o levaba a ser o terceiro clasificado da final A e de todos os participantes, e subir ó terceiro caixón do podium.
Pola súa banda, e e xa na matinal do domingo, Brais desprazábase ata as pistas de atletismo de Vilagarcía de Arousa, onde participou no Campionato galego de menores de lanzamentos longos. Brais competía na disciplina de xavalina en categoría sub16, acadando o cuarto posto dos participantes.
Os seus lanzamentos foron 27,50-28,97-29,02-27,02-X-24,42 m., co que Brais e pese a que a climatoloxía era moi desfavorable para este tipo de lanzamentos, lograba mellorar a súa mellor marca persoal en 2,38 m., establecendo o seu novo rexistro en 29,02 m.
Brais ó igual que seu irmán tamén compite representando á Escola Atlética Lucense.

Exit mobile version