Site icon Crónica3.com A Mariña

Mari Carmen Iriarte López é a gañadora do sorteo de San Valentín realizado polo hotel O Cabazo de Ribadeo

Todas as persoas que acudiron a degustar o menú ofrecido por O Cabazo do 14 ao 16 de febreiro para celebrar o Día dos Namorados cubriron cos seus datos as papeletas para participar no sorteo dunha noite na suite do hotel con botella de cava e almorzo na propia habitación. A afortunada foi Mari Carmen Iriarte López, de Ribadeo. Xunto a Juan López, propietario do hotel, estivo a pequena Vitoria López Ferrer, que actuou como man inocente.

Exit mobile version