Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo distingue como Cunqueiriano de Honra a Victor Fernández Freixanes. Será este venres nos actos do 39 aniversario da morte do autor de Merlín e familia

Mondoñedo, 27 de febreiro, 2020. Mondoñedo celebrará os actos do 39 aniversario da morte de Don Álvaro cunqueiro este venres, 28 de febreiro. A xornada dará comezo cunha recepción oficial a partir das 11.00 horas, por parte da alcaldesa aos/ás veciños/as e autoridades que se sumarán á homenaxe un ano máis. Posteriormente; ás 11.15 horas, a comitiva trasladaráse ata o Cemiterio Vello para levar a cabo a ofrenda floral ante a tumba do escritor. Ademáis, ás 11.45 horas; entregarase a distinción de Cunqueiriano de Honra a Victor Fernández Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.
A continuación, dará comezo un maratón de lectura pública da obra de Cunqueiro “Merlín e Familia”.
Novelovento; un libro – disco, traballo de Emilio Rúa a partir de poemas de “Herba de aquí e acolá” será presentado ao remate do maratón no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A actuación de Emilio Rúa pechará os actos previstos nesta edición.

Exit mobile version