A portavoz nacionalista continuou: “A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, e o Centro de Saúde de Viveiro fica como claro exemplo con: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, a non substitución de persoal, listas de agarda de máis dunha semana para medica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite… Así como o Hospital comarcal de Burela que foi desmantelado progresivamente, eliminando servizos e especialidades, até ir converténdoos en ambulatorios que non poden dar resposta ás necesidades da poboación da Mariña.”
E por todo isto e para teren unha sanidade pública digna, no BNG de Viveiro demandamos, como mínimon á Xunta de Galiza as seguintes medidas para o Centro de Saúde de Viveiro
QUENDA DE MAÑÁ: cubrir as ausencias de longa duración e o resto das prazas cando solicitan dereitos fundamentais como son as vacacións, días de libre disposición ou outro tipo de permiso.
QUENDA DE TARDE: Insuficientes para atender a demanda de Viveiro, confírmanno os propios veciñxs e os cupos dos médicxs os cales están sobrepasados. Feixóo sábeo e por iso en abril de 2019 o PP anunciba a creación dunha cuarta praza médica para Viveiro acompañada da creación dunha praza de enfermaría. A día de hoxe segue sen estar en funcionamento.
PEDIATRÍA: cubrir de pediatras até asumir a demanda de atender ás crianzas non só do Concello de Viveiro, se non tamén dos Concellos de Ourol e O Vicedo onde xa foron recortadas as súas respectivas pediatrías.
FISIOTERAPIA: O Centro de Saúde de Vivero está dotado dun ximnasio de rehabilitación que só abre en quenda de mañá, deixando as instalacións infrautilizadas que poderían, e deberían, abrir tamén en quenda de tarde de ter vontade política. Actualmente a fisioterapia ten listas de agarda que poden chegar até os dous anos.
PAC: Como a pediatría, o PAC de Viveiro non só atende á veciñanza de Viveiro se non tamén á veciñanza de Ourol e O Vicedo, polo que é necesario dispor de dúas equipas médica-enfermeira os 365 días do ano e dotándoos do material necesario.