Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15 e 16 deste mes

 Foz, 7 de febreiro de 2020. O CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15 e 16 deste mes. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
As tapas afrodisíacas foron presentadas por Moncho Castro, de Anduriña; Ángeles Piñeiro, de Xoyma; e Rubén Rodríguez, de Tangarte.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz do 13 ao 16 de febreiro, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros. A presentación neste caso correu a cargo de Ángeles Casas, de Amarena; Moncho Castro, de Anduriña; e Ángeles Piñeiro, de Xoyma.
Por outra banda, moitos establecementos hostaleiros contarán con menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas.
A Festa da Cociña Afrodisíaca enmárcase na campaña de San Valentín de ACIA/CCA de Foz, que sorteará 500 euros en premios. Na cita participan un total de 77 comercios e as persoas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán papeletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro (luns), a través de Radio Foz.
Os premios consistirán nun vale de compra de 200 euros e outros seis de 50 euros cada uno.

Exit mobile version