Site icon Crónica3.com A Mariña

O CEIP plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro venres 28 de febreiro

 Alfoz, 22 de febreiro de 2020. Desde a ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, queremos darlle difusión á Xornada de Portas Abertas que se celebrará o vindeiro venres 28 de Febreiro entre a 9:30 e 12:00 horas, convidando aos pais e nais que contemplen a idea de escolarizar aos seus nenos e nenas no noso colexio.
O CEIP Castro de Ouro é un colexio plurilingüe no que destaca a gran interacción entre o propio centro e as familias, levando a cabo unha educación sen masificacións nas aulas. O baixo número de alumnos por aula permite unha educación máis familiar, inclusiva e con maior atención á diversidade, fomentando a socialización do alumnado.
As aulas do centro contan con pizarras dixitais e nelas os alumnos de primaria utilizan tablets como material didáctico de apoio. Ademais, as familias do CEIP Castro de Ouro poden optar á gratuidade dos libros de texto de infantil e primaria grazas as axudas do concello e a ANPA.
Para a conciliación familiar o CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz conta actividades gratuítas a cargo do concello como o servizo de madrugadores e actividades de ocio e estudio de 16:00 a 19:00, ademais de escolas deportivas.
Desde a ANPA realízanse igualmente actividades para todas as idades como baile, diverciencia, natur-arte, art atack, cociña ou teatro, así como xornadas de actividades e excursións.
O centro conta con comedor con cociña nas propias instalacións onde diariamente comen todos os alumnos de infantil e primaria.
O centro e a ANPA agradecen a visita das familias interesadas na participación desta xornada esperando poder darlle a benvida a novos alumnos, arroupándoos dentro da familia do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.

Exit mobile version