Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro organizan a XVII Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller

 Viveiro, 20 de febreiro de 2020. o Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal de Muller do Concello de Viveiro organizan, un ano máis, a XVII Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
“Esta iniciativa xa é unha tradición e pretende favorecer as relacións sociais e o fomento do tempo de lecer das mulleres”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Este ano se celebrará o día 7 de marzo de 2020, sábado, no restaurante Louzao (Area-Viveiro).
O menú, cun prezo de 40 euros por persoa, estará composto por mariscada do Cantábrico, sorbete, carne, postre, viño branco e tinto, café e barra libre. A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos.

As mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao ata o día 5 de marzo de 2020, xoves. Para calquera información ou dúbida, poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (982 55 04 21 – 982 56 21 49) ou ao restaurante Louzao (982 55 06 42 – 982 55 10 42).

Exit mobile version