Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo apoia a manifestación por unha sanidade pública na Mariña de calidade e de proximidade, que se celebrará o vindeiro domingo, 9 de febreiro, en Santiago de Compostela, ás 12:00 do mediodía, con saída desde a Alameda

Haberá autobuses que partirán desde diferentes localidades da Mariña. Desde Ribadeo tamén haberá un bus que ten previsto saír rumbo a Compostela ás 8:45 horas desde a estación de autobuses. Desde o Concello lembran que aínda queda algunha praza libre. As persoas que desexen acudir a esta mobilización poden anotarse nos seguintes números de teléfono: 982 140 654, 982 58 18 61 e 667 05 20 58.

Exit mobile version