Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro organiza este martes unha xornada de prevención dos incendios domésticos

 Viveiro, 1 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro organiza unha xornada de prevención dos incendios nos fogares, organizada coa colaboración dos bombeiros e a Policía Nacional. Será este martes, 4 de febreiro, ás 20:30 horas na sala multiusos da casa do Concello.

A raíz da proliferación, sobre todo no tempo de inverno, de incendios domésticos en cociñas, chemineas e braseiros, por parte da Policía Científica da Comisaría de Viveiro e do Parque de Bombeiros de Viveiro propúxose á Concellaría de Participación Cidadá a organización dunha serie de charlas sobre a importancia da prevención para evitar este tipo de accidentes.

“Desde un primeiro momento pareceunos unha gran iniciativa para dar consellos e recomendacións aos nosos veciños, na maior parte das ocasións a clave da seguridade está nunhas boas medidas de prevención”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Exit mobile version