Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro pon a disposición dos empadroados na vila entradas a prezo reducido para o Resurrection Fest

 Viveiro, 14 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro pon un ano máis a disposición das persoas empadroadas na vila entradas a prezo reducido para asistir ao Resurrection Fest.
En concreto, as entradas estarán dispoñibles todos os venres a partir de hoxe nos claustros de San Francisco.
Esta iniciativa foi impulsada polo anterior alcalde, Melchor Roel, para dalgunha maneira compensar aos veciños polos cambios que un festival desta magnitude ocasiona no seu día a día, unha proposta que partindo do concello foi aceptada pola organización.
“Somos un concello acolledor e o Resurrection Fest é un dos grandes eventos de Viveiro, pero tamén é xusto que os nosos veciños e veciñas teñan algún tipo de compensación no prezo das entradas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
O Resurrection Fest regresa do 1 ao 4 de xullo de 2020 a Viveiro para celebrar o seu 15 aniversario.

Exit mobile version