Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil de Deportes, David Rodríguez, destacou o impacto que tivo en Cervo o Galego de Salvamento disputado esta fin de semana

 Cervo, 4 de febreiro, 2020. O edil de Deportes, David Rodríguez, participou na entrega de medallas, e estivo en todo momento pendente da organización do evento, que se desenvolveu no noso municipio, froito dunha acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

Rodríguez quixo felicitar aos clubs que encabezaron a clasificación, e a todos os participantes en xeral “agardando que desfrutaron moito de todo o que pode ofrecer o noso municipio”.

O edil puxo en valor as instalacións municipais “únicas na provincia e das poucas que hai en Galicia destas características, que nos permiten poder acoller competicións deste tipo, que reverten moi positivamente no noso Concello”, polo seu impacto no sector servizos, pero nomeadamente polo impulso que nos dan a nivel turístico “porque nos ofrecen a oportunidade de amosar o noso Concello a moitas persoas que aínda non nos coñecían, e que agardamos, que trala experiencia, nos volvan visitar”.

Estes eventos -engadiu- son ao tempo unha oportunidade única para que os nosos veciños poidan desfrutar en vivo das habilidades de deportistas de gran nivel, e poden ser tamén un estímulo para animar -a quen aínda non o faga- á practica dunha disciplina deportiva con tantos beneficios para a saúde como é a natación”.

Exit mobile version