Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o representante da produtora meirense Gaitafilmes, Andrés González, asinaron este xoves un convenio polo cal a institución provincial axudará a financiar a longametraxe documental Welcome to ma maison, de Andrés Goteira

A Deputación achegará 30.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para o filme, que narra as desventuras dun actor obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding Refn e que decide afastarse do mundo da interpretación por un tempo. Tras o éxito do seu debut con Dhogs, Gaitafilmes está a producir o segundo traballo de Andrés Goteira, un director e guionista nado en Meira. Dhogs foi o primeiro filme rodado en galego estreado no festival de Sitges do 2017. Ese mesmo ano, Dhogs gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo.

Exit mobile version