
José Tomé subliñou que o butelo “representa a nosa historia, e as nosas tradicións culturais e etnográficas. E o traballo desenvolvido polo Concello da Fonsagrada e os organizadores desta feira son testemuña de como recoller esa bagaxe e facela competitiva no mundo contemporáneo”. “A gastronomía e o turismo non deixan de cambiar, pero cumpre lembrar que moitas veces non precisamos obsesionarnos con buscar grandes novidades, se non apostar polo que está a facer este Concello: atopar novos xeitos de poñer en valor aquelo que sempre estivo con nós”, asegurou o Presidente.