Site icon Crónica3.com A Mariña

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mondoñedo suma oito novos usuarios e xa atende a un total de 113 familias

 Mondoñedo, a 12 de febreiro de 2020. O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mondoñedo suma oito novos usuarios, de modo que chega a 113 familias. A alcaldesa, Elena Candia (PP), destaca que neste momento o servizo está totalmente ao día e sen lista de espera.

Candia sinala: «Para nosoutros sigue sendo un dos servizos máis importantes toda vez que entendemos que hai que habilitar todos os mecanismos cos que poidamos contar para que a nosa xente maior viva nos seus fogares o maior tempo posible e nas mellores condicións posibles».

A presidenta da corporación municipal destaca que o SAF xera 23 postos de traballo (auxiliares de axuda no fogar). Atende de luns a domingo e en horario de maña e tarde, mediante persoal propio do Concello.
A alcaldesa destaca que o SAF é un servizo ao que se destina unha importante cantidade económica. Ademais da aportación que fai o propio Concello, no caso do Servizo de Axuda no Fogar-Dependencia está subvencionado, en parte, polo Servizo de Dependencia da Consellería de Política Social, e o SAF-Prestación Básica, en parte, a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

Exit mobile version