Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira participación do Club de Atletismo “Ría de Foz” no Campionato Galego de Campo a través absoluto

 Foz, 10 de febreiro, 2020. Este domingo unha expedición de atletas do club focego “Ría de Foz” desprazouse ata o concello de Narón para participar no “CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS”, organizado pola Federación Galega de Atletismo.

Esta participación é unha data histórica para o noso Club, posto que é a primeira do “Ría de Foz” na final dun campionato galego de carácter federado. Ademais, a nosa, foi a representación máis ampla dos clubs da comarca da Mariña.

O equipo feminino estivo composto por Rosalía Rodríguez-Gigirey, Ana Lorenzo, Esmeralda Cuba e Carolina Geneiro. A representación masculina do noso Club correu a cargo de Antonio Díaz, Manuel Eiras e Marcos Loureiro. Todos e todas souberon estar á altura do que a competición demandaba.

Experiencia moi positiva a de compartir os 10K do circuíto co mellor do panorama galego do atletismo. Aí segue o noso proxecto: sumando quilómetros, traballando a canteira, representando a Foz en todos os recunchos aos que nos desprazamos e facendo que este proxecto non deixe de medrar.

Exit mobile version