Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira
redac
Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: “e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo unha sesión de xogos , obradoiros e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos”. Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño. A actividade é gratuíta.