Todo o alumnado e o profesorado do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou a Operación Bocata para recadar fondos destinados á Campaña contra a Fame que organiza Manos Unidas, para a que xuntaron 1.600 euros.
redac
A xefa de estudos do Sagrado Corazón, Begoña Sanjurjo, explica que “foi unha xornada xenial porque comemos todos xuntos no cole e ademais todo o que pagamos dóase a Manos Unidas para que outros non pasen fame. Entre todos conseguimos que o mundo sexa mellor”.