Na súa visita, o Presidente tivo ocasión de conversar cos rapaces vilalbeses sobre a actividade. Queremos que os máis novos coñezan o patrimonio natural da nosa provincia dunha maneira lúdica e entretida, a través de actividades didácticas que poñen en valor o medio ambiente e a súa relación co ser humano”, subliñou José Tomé. “Está moi ben que viaxedes e coñezades outras realidades, pero tamén é moi importante que saibades a historia do lugar no que vivides e dos 67 concellos que conforman Lugo”.
Os camiños históricos
O libro editado pola Deputación, Polos camiños históricos. Das vías romanas á modernidade, ten como fin achegar un mellor coñecemento da provincia á comunidade escolar. Está escrito por Xosé A. Perozo e contempla cunha ampla selección de fotografías dos recursos naturais e patrimoniais cedidas polo Arquivo e Colectivo Patrimonio dos Ancares. É un caderno de ruta desde a perspectiva dunha personaxe viaxeira, que percorre os diferentes camiños que se poden facer pola provincia de Lugo.
Durante a viaxe, tómanse como referencia os vieiros históricos. Comézase polos camiños romanos, logo repásanse os Camiños de Santiago que percorren a provincia e a terceira alternativa é unha visita pola Ribeira Sacra. O obxectivo é acadar unha imaxe global de como as comunicacións históricas, dende os tempos da romanización, pasando pola época medieval ata chegar ao exemplo do turismo na Ribeira Sacra, contribuíron a formar a idea da provincia de Lugo. Introdúcense algúns espazos destacados -fotografía e texto- sobre as vilas e aldeas visitadas co obxecto de situar dun modo tanxible e visual o percorrido.
Así, ademais de ir repasando os valores naturais da provincia -especialmente os protexidos-, facendo fincapé nas augas, na biodiversidade, no valor patrimonial dos mesmos e na importancia cultural que supoñen, vaise analizando o impacto do ser humano no espazo natural, ao tempo que descobre como o medio ambiente e o territorio condicionan a propia cultura, dende os usos agrícolas ou construtivos ata a gastronomía e as crenzas populares.
Actividades
A Semana da Deputación na Escola contempla unha serie de actividades para desenvolver co alumnado nos centros escolares. Os primeiros catro días, de luns a xoves, trabállase coa pegada de carteis no centro escolar, lectura nas aulas do libro-guía, realízanse actividades a partir da guía do profesorado e elabóranse murais colectivos e carteis individuais para promocionar o coñecemento da historia da provincia.
Para concluír as xornadas divulgativas, o último día ten lugar a Festa Escolar da Provincia na Escola, na que se expoñen os murais realizados polo alumnado. Os centros participantes escollen os gañadores e interprétanse raps sobre a temática abordada.
Centros inscritos
42 centros de Educación Secundaria de toda a provincia participan na 6ª Semana da Deputación na Escola, que se está a celebrar esta semana.
– IES Plurilingüe Fontem Albei, da Fonsagrada
– IES Fonmiñá, da Pastoriza
– IES de Becerreá
– IES Monte Castelo, de Burela
– IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, de Castro de Rei
– IES Marqués de Sargadelos, de Cervo
– IES Val do Asma, de Chantada
– IES de Foz
– CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar, de Foz
– CPR Plurilingüe Martínez Otero, de Foz
– IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz
– IES Ánxel Fole, de Lugo
– CPR Plurilingüe San José, de Lugo
– CPR Plurilingüe Divino Maestro, de Lugo
– CPR La Inmaculada, de Lugo
– CPR Plurilingüe Padres Franciscanos, de Lugo
– CPR Galén, de Lugo
– CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón, de Lugo
– CPR Divina Pastora, de Lugo
– CPR María Auxiliadora, de Lugo
– CPR Fingoi, de Lugo
– IES Lucus Augusti, de Lugo
– IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, de Lugo
– IES Sanxillao, de Lugo
– IES Muralla Romana, de Lugo
– IES Pedregal de Irimia, de Meira
– IES Plurilingüe San Rosendo, de Mondoñedo
– IES A Pinguela, de Monforte
– CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos, Monforte
– CPR Ferroviario, de Monforte
– CPR Padres Escolapios, Monforte
– IES Francisco Daviña Rey, de Monforte
– IES de Monterroso, de Monterroso
– IES de Quiroga, de Quiroga
– CPR Sagrado Corazón de Jesús, Ribadeo
– IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Ribadeo
– CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria
– IES Gregorio Fernández, Sarria
– IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria
– IES Lois Peña Novo, Vilalba
– IES María Sarmiento, de Viveiro
– IES Vilar Ponte, Viveiro
– IES Illa de Sarón, de Xove