Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración do BNG da Ordenanza Acceso ao Casco de Viveiro

dav

Viveiro, 19 de febreiro, 2020. Trala reunión de hoxe para tratar a Ordenanza de Acceso ao Casco de Viveiro, na que participaron todxs xs representantes políticos xunto coa Asociacón de Veciños do Casco Antigo de Viveiro, o BNG lamenta que non se tiveran en conta as propostas presentadas pola organización nacionalista xa no pasado agosto, e que se tiveran que perder seis meses para chegar ao día de hoxe a uns acordos que basicamente foron, en gran parte, xa expostos polo BNG na reunión de voceirxs que tivo lugar no verán do 2019.

Estes acordos pasan por aceptar parte da alegación presentada pola Asociación de Veciños do Casco Antigo, no referido a incorporar na ordenanza a figura de “Residente”, e que estes posúan unha tarxeta propia para acceder ao casco.

Outra das propostas do BNG do pasado agosto, foi a liña vermella de non estabelecer unha taxa para residentes en canto ao acceso ao casco, quedando aceptada na reunión de hoxe incorporándose na, aínda por facer, ordenanza fiscal.

Por outra banda, tamén se pedía dende o BNG habilitar na sede electrónica do concello, ou noutra plataforma que así o permitise, a posibilidade de solicitar por estas vías o permiso de acceso ao casco, mantendo a vía presencial a través do rexistro do concello.

Estas propostas defendidas polo Bng, que non contaron no seu día co respaldo nin do goberno municipal nin de ningún dos portavoces dos grupos de oposición sorprendentemente tiveron o visto e prace dos mesmos seis meses despois.

Dende o BNG, se ben valoramos positivamente o achegamento das posturas nalgúns destes acordos, consideramos que o texto desta ordenanza segue recollendo determinados puntos que deben ser mellorados co fin de evitar perxuízos irreparables para a veciñanza e cuxas propostas de modificación foron expostas polo Bng nas diferentes xuntanzas de traballo, tales como:

A incorporación dun sistema de tarxetas magnéticas vinculada ao uso que se estabelece en cada tarxeta que se expida, axudaría de maneira moi eficaz a respectar nesta primeira fase os horarios e tempos de permanencia do vehículo no casco.

Coa actual redacción xs vendedorxs trandicionais do mercado dos xoves na Praza Maior, tamén denominados como “postos de banqueta”, non poderán vender debido á documentación requerida na ordenanza e por suposto, tampouco acceder ao casco para realizar a descarga e carga da súa mercancía, polo que cremos necesario a modificación do texto relacionado e así permitir a continuación dunha constume ancestral de gran valor.

No texto actual, estabelécense unhas rutas de entrada e saída, que provocan que os vehículos que accedan teñan que facer longos percorridos polo casco para chegar ao destino, polo que se fomenta que os vehículos permanezan durante máis tempo no casco coa contaminación acústica e ambiental que supón, xusto o contrario do que se quere facer con esta ordenanza, polo que propoñemos a realización de tarxetas personalizadas para cada solicitante que favoreza o percorrido de entrada e saída máis curto.

Exit mobile version