Site icon Crónica3.com A Mariña

“A monarquía non está exenta da obriga de poñer todos os recursos na loita contra o Covid”, apunta GeC-AM

 Compostela, 19 de marzo de 2020. “A cacerolada que se escoitou por todos os recunchos do país amosa que a cidadanía está farta e que demanda que todos os recursos se adiquen á Sanidade Pública”. Galicia en Común-Anova Mareas leva días reclamando que todos os esforzos das institucións se adiquen á loita contra o coronavirus para que o Estado poida estar á altura dunha cidadanía que está a dar exemplo de civismo e de solidariedade. “Dende o persoal sanitario, de seguridade e emerxencias, pasando por repoñedores, caixeiros e caixeiras de supermercado, persoal de limpeza e poboación en xeral que leva días confinada na casa para evitar a expansión da pandemia”.

A coalición faise eco do descontento social observado onte nas fiestras e balcóns de todo o país, con dúas caceroladas onde a cidadanía galega evidenciou a fartura ante unha institución do Estado que recibe numerosos recursos que poderían destinarse a mellora dos servizos públicos.
Dende GeC-AM vese “incomprensible” que o xefe do Estado non usara nin unha soa palabra do seu discurso de onte para facer mención ao último, que non único, escándalo da Monarquía, como son os 100 millóns de euros supostamente donados ao rei emérito por parte da monarquía saudí. Trátase dunha falta de respecto ao pobo que, coas protestas de onte, está a reclamar máis explicacións e transparencia dunha institución do Estado que se sufraga cos impostos de todos e todas. Son ademais nestes momentos de crise sanitaria onde a cidadanía se da conta da importancia do público e do innecesarias que son institucións extemporáneas como a Monarquía.

Exit mobile version