A entrega, coordinada pola Delegación Territorial a través do Posto de Mando Avanzado, estase a facer de xeito progresivo para dotar de medios ao persoal que segue a desenvolver funcións nos distintos servizos municipais.
Os criterios de distribución están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que na súa página web inclúe un formulario para que as entidades locais fagan chegar as súas necesidades no que respecta aos equipos de protección sanitaria (http://www.fegamp.gal/info-coronavirus).
A Delegación Territorial comezou o reparto de material o pasado día 24 e continuou distribuíndo os materiais a medida que foron chegando en función das necesidades dos concellos da provincia.
O Posto de Mando está integrado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, e representantes de emerxencias e da policía autonómica.