Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprazadas as IV Xornadas de pesca deste sábado en Foz

 Foz, 11 de marzo, 2020. Por recomendación e consello das autoridades competentes, vémonos na obrigación de ser cautos coa propagación do COVID 19 e ser quizais un pouco máis estritos do que as propias recomendacións dadas indícannos.

Están a aprazarse en Asturias e Galicia todos os eventos, tamén os deportivos e incluídos os de pesca deportiva.

Polo que A Ribeira de Foz e organizadores do evento decidimos APRAZAR As IV xornadas de pesca con reclamos que tiñamos programadas para este sábado 14 en Foz, para si poder realizalas noutra data con total normalidade e atención que se merece o evento.

Exit mobile version