Site icon Crónica3.com A Mariña

Bases do concurso de biblio-mascota do Concello de Viveiro

 Viveiro, 26 de marzo, 2020. O Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Cultura, puxo en marcha varias iniciativas dirixidas aos escolares coa finalidade de fomentar a súa creatividade durante estes días de confinamento e ofrecerlles unhas actividades que os permitirán manterse vinculados ao mundo cultural do concello, ademais de servir de entretemento durante este período de alarma.

A primeira destas propostas, baixo o nome de Biblio-Mascota, vai dirixida aos nenos e nenas de Viveiro que cursen Primaria e con ela preténdese escoller á que será a mascota da Biblioteca Pública Municipal no ano 2020.

Este concurso nace coa pretensión de darlle continuidade no tempo, polo que o deseño escollido non será definitivo, senón que cada ano se realizará unha nova edición ofrecendo aos nenos e nenas a oportunidade de participar nesta iniciativa.

Co debuxo gañador realizarase un peluche que, durante un ano, se convertirá na mascota da biblioteca municipal; o neno ou nena gañador/a recibirá un lote de material escolar, ademais dun abono para as actividades infantís do Teatro Pastor Díaz.

Exit mobile version