Site icon Crónica3.com A Mariña

CCOO pide que a Xunta e outras Administracións sigan o exemplo do Concello da Coruña para manter o emprego

Compostela, 25 de marzo, 2020. A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia aplaude a decisión do Concello da Coruña, que acaba de aprobar novas instrucións en materia de prestacións contractuais do sector público municipal, coas que procura minorar o impacto no ámbito laboral das medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao coronavirus.

Entre outras medidas, establécese, con carácter xeral, que ningún contrato ou actividade de prestacións de carácter sucesivo, derivada dunha relación contractual co Concello da Coruña ou coas súas entidades instrumentais, se entenderá suspendida de forma automática como consecuencia das medidas adoptadas para frear a pandemia.

A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, pide que a Xunta de Galicia e o resto de Administracións sigan o exemplo do Concello da Coruña, que ademais está na liña do que o sindicato leva días reivindicando, para que o impacto sobre o emprego sexa o menor posible.

Exit mobile version