Na reunión, a Xunta propuxo a sinatura dun convenio a nivel estatal con Correos para que estableza condicións especiais ou bonificacións que permitan ao comercio de proximidade que así o desexe seguir activo a través da venda en liña ou telefónica. Neste sentido, Galicia defendeu a necesidade de combinar axudas económicas con medidas específicas como o convenio proposto.
No encontro Galicia tamén apoiou a publicación de protocolos para a seguridade e saúde laboral para venda en liña, venda a domicilio e venda ambulante, a maiores da guía de seguridade para o comercio que vai poñer a disposición do sector o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.