Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG e os sectores produtivos da comarca apostan polo futuro da Mariña

 A Mariña, 6 de marzo de 2020 . O deputado no Congreso polo BNG, Néstor Rego e a candidata ao Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, acompañados pola responsable comarcal do BNG Ana Ermida, mantiveron un encontro con representantes dos principais sectores económicos da comarca.
No acto estiveron presentes representantes do sector pesqueiro, forestal, agrario, turístico, empresas de construción civil, comerciantes e persoas autónomas, representantes sindicais e empresariais . Durante as dúas horas que durou o encontro, puxéronse enriba da mesa vellas demandas que o BNG levara no seu día xa ao Congreso, e que os sucesivos gobernos do estado foron deixando no caixón e no esquecemento, a maioría referidas a infraestruturas que as nacionalistas entenden “fundamentais para o desenvolvemento e o futuro da comarca”.
Infraestruturas pendentes
Diante da complexa situación que está a vivir a comarca, especialmente no último decenio 2010-2020, no que a pantasma real do desemprego percorreu e percorre A Mariña dunha punta a outra con Eres, reducións de plantilla e peches ou semipeches de moitas fábricas e empresas emblemáticas non só na comarca senón en todo o país, o BNG entende que tanto o Estado co a Xunta teñen que cumprir os múltiples acordos tomados en moitas institucións, case sempre por unanimidade, pero que á hora da verdade fican no esquecemento.

Neste sentido referíronse á sempre prometida autovía A-74 Barreiros-San Cibrao, ao corredor San Cibrao-Ferrol, á creación dun porto comercial no dique norte de Morás, á reclamación de ter Autoridade Portuaria propia, á modernización e aproveitamento de Feve, e á mellora das estradas N-634 e N-642 que seguen en pésimas condicións.
Pesca
Tratáronse tamén temas de suma importancia para a comarca como o da pesca, un sector puxante e un dos principais xeradores de emprego. Aquí o BNG considera necesario ter voces galegas e que pensen en clave de país, alí donde se toman decisión que afectan moito o sector, como vén facendo o BNG diante da Xunta, e agora tamén no Congreso e no Parlamento Europeo.
Enerxía
Non se pasou por alto o tema da situación da factoría de Alcoa en San Cibrao, donde o BNG ten e tivo sempre unha posición clara ao respecto, no que ten a ver coa enerxía, pois non é entendible que no país produtor e excedentario de enerxía teñan problemas as empresas polo custo da mesma.

Todos coincidiron e concluíron en que “a comarca de A Mariña ten a día de hoxe un déficit histórico en materia de infraestruturas que obedece a un deseño das mesmas feito obviando as necesidades económicas e sociais da comarca e eso debe reverterse coa máxima urxencia”

Exit mobile version