Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG quere solicitar á Xunta a medicalización do Albergue de Area para paliar o COVID-19

 Viveiro, 19 de marzo, 2020. Este vernes terá lugar unha reunión de voceiros na Sala de Plenos da Casa do Concello á que asistirán os voceiros dos grupos políticos con representación municipal, a secretaria Municipal, Xefe da Policía Local e o Xefe de Protección Civil, co fin de realizar un balance das medidas adoptadas con respecto á situación de emerxencia sanitaria e estado de alarma na que nos atopamos, ademais de dar conta das incidencias producidas ao longo desta semana.

Nesta reunión dende o BNG de Viveiro, propoñeremos as seguintes iniciativas de cara a palizar o impacto da crise sanitaria no Concello de Viveiro:

Logo de coñecer as declaracións feitas hoxe en rolda de prensa polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, relacionadas coa intención de medicalizar os hoteis en caso de ser preciso, o BNG considera como opción viábel en Viveiro, a de habilitar e medicalizar o Albergue Xuvenil de Area, titularidade da Xunta de Galiza, de ser posíbel nas vindeiras datas debido ao gran incremento previsto de afectadxs polo COVID-19.

Propoñeremos a creación dunha Comisión Técnica para o estudo dunha posíbel moratoria de pago xs autónomxs e veciñanza máis castigada pola crise do COVID-19, daqueles impostos locais que van vencer próximamente e/ou a devolución/paralizacion das cotas pagadas pola veciñanza ou a punto de vencer por servizos municipais que non se poden prestar pola crise sanitaria, como é o da Piscina Municipal.

Solicitaremos ao equipo de goberno a pedir información nos dous centros de maiores ubicados no termo municipal de Viveiro, a Residencia de Betania e a Residencia Domus VI Viveiro, acerca das medidas de prevención que teñen posto en marcha nos mesmos relacionadas coa seguridade dxs usuarixs e traballadorxs, así como acerca dos procedementos de actuación que estos centros teñen planificados de cara a un primeiro caso de infección dxs usuarixs.

Exit mobile version